Original PDF Flash format as-funcións-da-cor-verde-en-unidades-fraseolóxicas-españolas-...  


As Funcións Da Cor Verde En Unidades Fraseolóxicas Españolas ...


As funcións da cor verde en unidades fraseolóxicas
españolas, húngaras e alemás

Angelika Menaker1
Eötvös Loránd Tudományegyetem (Budapest)
As cores pertencen aos elementos fundamentais da percepción do home. Na lingua dispoñen
dunha forza expresiva especial. O verde –como unha das cores principais– aparece en moitas
unidades fraseolóxicas nas que dispón de diferentes funcións, cuxa análise é o obxecto deste
artigo. Ademais das asociacións xerais (natureza, temperán, semáforo) cada nación ten unha
achega diferente á realidade, que reflicte a súa lingua tamén. Este traballo introduce o lector no
mundo dos varios usos do verde no español, húngaro e alemán ofrecéndolle unha análise
comparativa das súas unidades fraseolóxicas que conteñen esta cor.
Palabras clav e: fraseoloxía, análise comparativa, a cor verde en fraseoloxismos.
Colours are included by the basic elements of human perception. They have a special expressive
power in language. Green, as one of the primary colours, is present in a lot of collocations, in

which it has several functions. Analysis of these functions is the object of this article. Beyond
general associations (like green as colour of nature, inmaturity, traffic light), each nation has its
special relation to the reality that is reflected in its language as well. This article introduces the
readers to the different usage of the green colour in Spanish, Hungarian and German languages,

and simultaneously, it also gives a comparative analysis of the phrases containing this colour.
Keywords: phraseology, comparative analysis, green colour in phrases.
1. Introdución
O presente traballo ofrece unha análise comparativa dunhas unidades fraseolóxicas
(UFs) das tres linguas mencionadas que teñen entre os seus elementos constitutivos o
nome da cor verde. Pretendo analizar e comparar os contidos que transmite esta cor e
os significados que apoia. Así espero obter informacións sobre as funcións do verde
dentro dos fraseoloxismos e sobre as asociacións que serven como base das expresións.

1 Tradución de Omar García del Campo e Estefanía Rodríguez Casal.
Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, 189-205

Angelika Menaker. As funcións da cor verde en unidades fraseolóxicas españolas, húngaras e alemás
Antes de analizar e comparar as UFs das tres linguas, vexamos primeiro unhas
informacións sobre as cores que xogan un papel importante nas artes. Existen
diferentes teorías sobre a súa función e valor na pintura. Naturalmente, dispoñen
doutras funcións na lingua. Goethe (1983: 63-65) di que a lingua representa os
obxectos soamente dun modo simbólico e non directo, principalmente se se trata de
fenómenos que non son obxectos, pero o ser humano percíbeos e así nace a necesidade
de expresalos e así se crean comparacións. Os ollos necesitan as cores e a luz. As cores
causan impresións no corpo e na alma do ser humano. Os obxectos reciben a súa cor a
través da luz. As cores teñen forza expresiva, a da cor verde imos analizala máis
adiante.
2. Unidades fraseolóxicas que conteñen o nome da cor verde
A seguir gustaríame enumerar e analizar as UFs e expresións que conteñen a cor verde
como atributo ou como substantivo. Primeiro dou algunhas ideas e informacións xerais
sobre esta cor, sobre as súas funcións, trazos e forzas expresivas. Logo analizo o seu
uso en UFs concretas e intento constatar en que medida contribúe a cor ao significado
da UF ou que papel xoga na construción. Ao final do capítulo resumirei as funcións da
cor nas tres linguas analizadas.
Obtense a cor verde mesturando o marelo e o azul; así non se trata dunha cor principal,
é a cuarta cor do espectro solar. Como é o resultado do acorde harmónico entre o ceo
azul e o sol marelo está relacionada coa natureza, a xuventude, o desexo, o descanso e
o equilibrio. Goethe di (1983: 69-71) que ao observar o verde, os nosos ollos descansan
e poñémonos contentos. Segundo Itten (1997: 88-89) é a cor da flora e da clorofila que
se produce no proceso da fotosíntese. Expresa frutuosidade, esperanza, calma e alegría
e nel únense a fe e a sabenza. Se o verde se achega ao marelo, ten un carácter mozo e é
como a primavera. Se se achega ao azul, aumenta o seu compoñente mental. O verde
azulado contén frío e agresión. Para Iribarren (1974: 624-625) o verde é ante todo cor
da esperanza, porque na primavera, o verde que cobre os campos e que enche as
árbores sinala a esperanza de que a terra dará os seus froitos. É a cor natural das herbas
e plantas. O verde expresa ademais festexo e alegría.
Esta cor aparece en moitas Ufs e o seu papel é importante na creación de novos
significados ou matización dos xa existentes. O español ten as seguintes UFs, nas que
atopamos o verde:
(1) darse un verde [alguén] (Seco 1992; Moliner 2001; Iribarren 1974; Sarto
1996; Hispanoteca).
Esta UF significa: gozar moito; comer etc. dunha cousa en moita cantidade e con moito
pracer; repousar ou gozar, fartarse de facer algunha cousa. Iribarren (1974: 133-134) dá
explicacións posibles canto á súa orixe: esta UF orixinalmente significou en sentido
metafórico “folgar con muller pública†e aínda se usa nesta acepción. A primitiva
locución foi a de tomar un verde entre dos azules que significaba a intención ou o acto
de andar polos trigos de Deus en compaña dunha moza do partido, das que usaban
medias azuis en vez do xibón de p icos pardos que no antigo usaron por lei. A expresión
antiga era “darse un verde con dos azules†(por pracer). Darse un verde provén do
190
Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, 189-205

Angelika Menaker. As funcións da cor verde en unidades fraseolóxicas españolas, húngaras e alemás
grego ‘chortos’ que significa herba seca ou herba verde e do verbo ‘chortar’,
equivalente a saciar e fartar de herba seca e “tómase por calquera maneira de fartura e
pastoâ€, aplicándose metaforicamente aos homes.
O significado desta UF segundo Julio Cegador (Iribarren 1974: 134) é o seguinte:
“empaparse (una persona) bestialmente en obra de su gusto, como el caballo se emp apa
del verde en primaveraâ€. Provén da frase “retozar con el verde†que alude aos gandos e
trasládase ás persoas, alcuñando a estas de bestas cando se mofan e toman deporte
neciamente con outros.
(2) estar verde [algo] (Seco 1992; Beinhauer 1978; Moliner 2001; Sarto
1996).
Significa: ser inaccesible ou inalcanzable; aínda non listo, que necesita máis
elaboración; que algo está nos seus comezos e fáltalle moito para chegar a ser útil, dar
proveito ou estar solidamente establecido.
(3) estar verde [alguén] (Seco 1992; Moliner 2001; Sarto 1996).
Significa: ter pouca pericia ou experiencia; non estar maduro, non ter experiencia
nunha actividade ou na vida en xeral.
Nas últimas dúas UFs o verde sinala o comezo do proceso de madurecer, de realizarse.
Marca o primeiro paso nun camiño. Utilízase o verde como oposición a maduro
referíndose a froitos que non alcanzaron a sazón conveniente para seren comidos e por
iso non tomaron a cor vermella ou marela que, xeralmente, chegan a ter.
(4) están verdes (Moliner 2001).
Trátase dunha expresión baseada na fábula da raposa e as uvas coa que se comenta que
unha persoa nos quere convencer de que é ela a que renuncia a certa cousa que, en
realidade, non pode conseguir. Aquí o verde ten a función de marcar un trazo negativo
que serve como base de rexeitamento. En realidade a persoa que non é capaz de
conseguir unha cousa intenta mitigar a súa tristeza ou compensar o seu fracaso
diminuíndo o valor da cousa en cuestión, así a renuncia o entristece menos. No caso
orixinal foi o pretexto que as uvas estaban verdes, é dicir, non estaban maduras. O uso
da expresión e así a aplicación do verde estendeuse a outras cousas tamén.
Na seguinte UF aparece ao lado do verde como a súa parella, o seu antónimo ‘maduro’:
(5) estar a las verdes y a las maduras (Hispanoteca).
Esta UF quere dicir: estar preparado tanto para unha época boa coma para unha época
má. As dúas palabras antónimas cobren practicamente todo, representan todas as
cousas que poden ocorrer e que non sorprenderán a persoa ben preparada. Como
xeralmente os mozos teñen pouca experiencia e eles son os que non están aínda
maduros, existen expresións que se refiren á xuventude, á súa conduta activa e vida
sexual.
(6) ser un viejo verde (Moliner 2001; Iribarren 1974; Hispanoteca).
Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, 189-205
191

Angelika Menaker. As funcións da cor verde en unidades fraseolóxicas españolas, húngaras e alemás
Aplícase esta expresión ás persoas que teñen inclinacións galantes ou apetitos carnais
impropias da súa idade. Fernando Lázaro di (Iribarren 1974: 504-505) que a “verde
vejez†foi para os clásicos a vellez non abatida polo tempo. É dicir, un vello
compórtase coma un mozo na súa su vida sexual. Con esta expresión está en estreita
relación a seguinte:
(7) chiste verde (Moliner 2001; Iribarren 1974; Sarto 1996; Hispanoteca).
Trátase dun chiste picante, que conten cousas obscenas e ten algún tema sexual.
(8) ponerse verde [alguén de algo] (Seco 1992).
Significa: fartarse de algo. Lamentablemente sobre a súa orixe non atopei nada.
(9) poner verde [a unha persoa ou cousa] (Seco 1992; Moliner 2001; Sarto
1996; Hispanoteca).
Significa: criticala ou censurala duramente; reprendela, insultala ou desacreditala.
Sobre a súa orixe non teño información.
Hai expresións onde o verde aparece como cor típica da natureza:
(10) dormir a cortinas verdes (Hispanoteca).
A imaxe que evoca esta UF é o conxunto da follaxe de árbores e matogueiras que se
atopan como cortinas ao redor dunha persoa tombada nun bosque. Envólvea e deféndea
a natureza.
(11) zonas verdes (Moliner 2001; Sarto 1996; Dorogman 1992; Hispanoteca).
Esta expresión aplicase á zona urbanística non edificable, reservada para xardín ou
parque. O verde aparece como cor das árbores e das plantas.
(12) no dejar verde ni seco (Hispanoteca).
Vimos xa o verde como antónimo de maduro, agora aparece como o de seco. As
plantas verdes aínda conservan zume que as secas perderon xa. Co a utilización destas
dúas palabras antónimas vense incluídos todos os obxectos na acción, é dicir, a
actividade diríxese a todo. Esta UF significa: destruír, derrotar todo profundamente, sen
excepción.
As mesmas palabras antepostas atópanse na seguinte UF:
(13) arder verde por seco (Hispanoteca).
Expresa unha situación, onde o inocente queda castigado en vez do culpable. O verbo
‘arder’ equivale a morrer; o verde aparece como algo positivo que sería mellor manter e
o seco practicamente xa non vive e non ten valor. Así pérdese algo valioso.
(14) dar luz verde (DRAE; Sarto 1996; Hispanoteca).
Esta expresión está vinculada coa circulación dos vehículos que poden seguir adiante se
o semáforo está en verde. No sentido abstracto a luz verde equivale segundo o DRAE a
192
Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, 189-205

Angelika Menaker. As funcións da cor verde en unidades fraseolóxicas españolas, húngaras e alemás
un procedemento disposto para o logro dun asunto e a expresión total segundo Sarto
(1996) significa: autorizar a que se faga unha cousa.
(15) estar verde de envidia (Seco 1992; Hispanoteca).
Esta expresión describe un estado non natural do ser humano (‘estar verde’) quen,
como consecuencia de ter o alto grao dun sentimento (aquí ‘envexa’), se altera deste
modo. Pódese observar a relación estreita que hai entre o verde e o marelo, porque
outras linguas operan co marelo como p. ex. o húngaro: sárgul az irigységtol (Bárdosi
2003: ‘ponerse amarillo de envidia’) ou o alemán: gelb vor Neid werden (Hispanoteca:
‘ponerse amarillo de envidia’) ou grün und gelb vor Neid sein (Hispanoteca: ‘estar
verde y amarillo de envidia’).
(16) estar verde de rabia (Seco 1992).
Como a expresión anterior, esta serve tamén para destacar, comunicar dunha maneira
máis intensiva a presenza dun sentimento.
(17) verde y con asas (Seco 1992).
Cando se trata de algo inequívoco, pódese utilizar esta expresión.
(18) verdes las han segado (Seco 1992).
Úsase esta expresión para caracterizar situacións nas que non hai nada que facer. É
como o punto final dunha acción que foi acabada más cedo do que se esperaba; a iso
alude a cor verde.
Sigamos analizando as UFs do húngaro2, empezando cunha comparación:
(1) olyan sápadt, mint a zöld béka (Bárdosi 2003; O. Nagy 1976)
[literalmente: ‘pálido como unha ra verde’].
Aplícase esta expresión a persoas que están moi pálidas.
(2) szép zöld (Bárdosi 2003) [literalmente: ‘ben verde’].
Esta expresión refírese tamén ao aspecto físico dunha persoa e significa que alguén
parece doente. É unha expresión humorística e informal.
(3) zöldfülu [literalmente: ‘ter as orellas verdes’]
Así podemos caracterizar a persoas con pouca experiencia ou sen ela.
(4) sok zöldet összehord (Bárdosi 2003) [literalmente: ‘amontoar moitas
cousas verdes’].
(5) zöldeket beszél (Bárdosi 2003) [literalmente: ‘falar cousas verdes’].

2 Xunto aos fraseoloxismos húngaros poden constar as seguintes abreviauras: vkinek a alguén (en caso
dativo); vkit alguén (en caso acusativo); vkivel con alguén; vminek algo (en caso dativo); vmivel con
algo.
Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, 189-205
193

Angelika Menaker. As funcións da cor verde en unidades fraseolóxicas españolas, húngaras e alemás
As dúas UFs expresan que un fala disparates, parvadas. As expresións teñen estilo
chistoso e son informais.
(6) zöld ágra vergodik (vkivel v. vmivel) (Bárdosi 2003; O. Nagy 1976 e
1979) [literalmente: ‘chegar a unha póla verde’ (con alguén ou con algo)].
Esta UF ten dous significados (O. Nagy 1979: 39-42):
a) solucionar un problema difícil, arranxar unha situación difícil
b) chegar a un acordo con alguén, obter éxito con alguén
O. Nagy infórmanos do significado a da orixe desta UF. Aplícase esta expresión a
persoas cuxos problemas económicos se arranxan e que por fin logran chegar a un
acordo con alguén; que dalgunha maneira van adiante na vida. O húngaro recibiu esta
UF do alemán: “auf keinen grünen Zweig (Ast) kommenâ€, que foi traducida primeiro
así: “zöld ágra nem mehetâ€, pero existían outras variantes tamén, como: “zöld ágra jutâ€,
“zöld ágra vihetemâ€. O. Nagy parte na súa explicación da orixe da UF alemá. O
sintagma ‘póla verde’ foi utilizado como símbolo do crecemento e da natureza e, en
sentido figurativo, da felicidade e do éxito obtido por alcanzar algunha meta. A ‘póla
verde’ non era unha construción ocasional, senón que as dúas palabras xuntas
marcaban unha noción que hoxe chamamos follaxe. Como o home ve a follaxe sempre
encima de si, esta noción entrou en contacto coa dirección ‘cara arriba’, que en sentido
figurativo significa ir adiante. O verbo ‘vergodik’ foi a perífrase máis expresiva da
noción ‘cara a arriba’, porque se remonta ao verbo con prefixo ‘felvergodik’, cuxo
significado estaba vinculado co de “zöld ágra jut†e “zöld ágra megyâ€, onde os verbos
do movemento non determinan a dirección da acción. Así, a forma actual da UF naceu
a través da substitución do prefixo verbal ‘fel’ polo sintagma ‘zöld ágra’ e é a
explicación da aparición do verbo ‘felvergodik’ sen prefixo na UF.
(7) zöld utat ad [biztosít] (vkinek v. vminek) (Bárdosi 2003) [literalmente:
‘darlle [asegurarlle] un camiño verde’ (a alguén ou algo)].
Como o verde é unha das cores do semáforo, existen expresións que están relacionadas
co significado do verde na circulación. Esta UF expresa que un fai posible, fomenta o
desenvolvemento, o progreso e a evolución de algo ou de alguén. A seguinte expresión
refírese ao outro lado desta actividade:
(8) zöld utat kap (Bárdosi 2003) [literalmente: ‘recibir un camiño verde’].
Significa que alguén recibe o dereito ou a posibilidade de actuar libre, seguindo as súas
propias ideas.
(9) ugyanaz zöldben (Bárdosi 2003) [literalmente: ‘o mesmo en verde’].
Aplícase esta expresión para dicir que non hai ningunha diferenza entre dúas cousas.
Sobre a súa orixe non teño información, pero poder ser que se trate dunha tradución da
expresión alemá.
A seguinte expresión está vinculada coa natureza:
194
Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, 189-205

Angelika Menaker. As funcións da cor verde en unidades fraseolóxicas españolas, húngaras e alemás
(10) zöld nap [literalmente: ‘día verde’]
Esta expresión ten referencia dobre: por un lado trátase dun día cheo de actividades
para a protección do medio natural (o verde aparece aquí como a cor da flora) pero, por
outro, utilízase esta expresión no mundo das finanzas onde designa a tendencia do
ascenso, a alza na bolsa (o verde ao mellor aparece aquí como a cor da esperanza).
Para rematar vexamos unha expresión que sinala un día festivo:
(11) zöld csütörtök o nagycsütörtök (Pallas Nagy Lexicona) [literalmente:
‘xoves verde ou gran xoves’].
Trátase do xoves da Semana Santa, antes do día de Pascua.
Vexamos agora as UFs do alemán.
Lutz Röhrich destaca que o verde é orixinalmente a cor da natureza fresca que medra e
así os seus antónimos son atributos como seco, pasado e maduro. Hai expresións nas
que o verde alude á xuventude inexperta:
(1) grüner Junge (Röhrich 1978; Hessky 1993; Ãrmósné e Rátz 1991)
[literalmente: ‘mozo verde’].
(2) Grünschnabel (Röhrich 1978; Hispanoteca) [literalmente: ‘pico verde’].
O mozo verde necesita tempo para madurar, o pico verde (como Gelbschnabel) é moi
novo aínda: non dispón de ningunha experiencia de vida.
No alemán tamén existe a aplicación do verde para sinalar o comezo de algo:
(3) etwas zu grün angreifen (Röhrich 1978) [literalmente: ‘agarrar algo nun
período demasiado verde’].
Significa: comezar algo demasiado cedo, facelo con moita présa e sen preparación
previa. Esta UF ten como parella a seguinte:
(4) etwas zu grün abbrechen (Röhrich 1978) [literalmente: ‘interromper algo
nun período demasiado verde’].
Significa: terminar algo demasiado cedo, sen deixar madurar.
(5) sich grün machen (Röhrich 1978; Borchardt, Wustmann e Schoppe 1954)
[literalmente: ‘facerse verde’].
Aplícase esta UF a persoas que pensan que son mellores do que son en realidade. A
través da cor verd e recibe atributos como fresco, novo, vivo e forte.
(6) jm nicht grün sein (Röhrich 1978; Borchardt, Wustmann e Schoppe 1954;
Dosdrowski e Scholze-Stubenrecht 1992; Hessky 1993; Ãrmósné e Rátz 1991;
Hispanoteca) [literalmente: ‘non ser verde para alguén’].
Trátase dunha UF frecuente, cuxo significado aparece nos manuais en dúas versións.
Os autores alemáns din que esta expresión sinala unha situación na que un non se
comporta con alguén con boa vontade e non se mostra ben intencionado. Hessky
Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, 189-205
195

Angelika Menaker. As funcións da cor verde en unidades fraseolóxicas españolas, húngaras e alemás
(1993) ten outra opinión: segundo ela esta UF significa que un non é simpático para o
outro, que non lle cae ben. A Hispanoteca fala de dúas persoas que non se levan ben. O
significado da cor verde sofre un cambio e en vez de ‘fresco, vivo, novo’ significa ‘ben
intencionado’.
(7) auf keinen grünen Zweig / Ast kommen (Röhrich 1978; Borchardt,
Wustmann e Schoppe 1954; Dosdrowski e Scholze -Stubenrecht 1992; Hessky
1993; Ãrmósné e Rátz 1991; Griesbach e Schulz 1991; Hispanoteca)
[literalmente: ‘chegar a unha póla verde’].
Xa coñecemos a variante húngara desta UF orixinalmente alemá. É importante
mencionar que a expresión alemá contén a negación da actividade e así significa: non
ter éxito, non conseguir nada; non ter sorte, non ir adiante; non ter éxito económico. É
interesante que o manual de Dosdrowski e Scholze-Stubenrecht (1992) mencione
tamén unha variante sen negación que pasou ao húngaro tamén. Os manuais non
explican a orixe da UF, simplemente mencionan que a ‘póla verde’ como imaxe
transmite o símbolo do crecemento da natureza en primavera.
Evidentemente en alemán hai tamén algunhas UFs que están en relación coa natureza.
(8) bei Mutter Grün schlafen / übernachten (Borchardt, Wustmann e Schoppe
1954; Röhrich 1978; Ãrmósné e Rátz 1991; Hispanoteca) [literalmente:
‘durmir / trasnoitar en Nai Verde’].
Significa: pasar a noite en campo raso ao aire libre. O manual de Borchardt, Wustmann
e Schoppe (1954) di que esta expresión naceu en Berlín e de alí estendeuse á lingua
estándar. O verde alude á follaxe das árbores e matogueiras que un encontra ao seu
redor se se deita nun campo ou nun bosque.
(9) eine grüne Hand / einen grünen Daumen haben (Dosdrowski e Scholze -
Stubenrecht 1992; Hispanoteca) [literalmente: ‘ter unha man / un polgar
verde’].
Esta persoa que ten as mans verdes ou o polgar verde ocúpase das plantas con moito
éxito, está dotada de talento para coidar, atender as plantas e flores. É evidente que o
verde substitúe aquí as plantas e é importante que as mans sexan verdes, porque un
pode coidar as plantas utilizando as mans, é dicir, a través das mans establece contacto
con elas.
(10) die grüne Hölle (Dosdrowski e Scholze-Stubenrecht 1992) [literalmente:
‘o inferno verde’].
Así se denomina a selva porque aparece como un hábitat perigoso. O ser humano, se
quere entrar na súa vexetación abundante, ten que facer moitos esforzos e agárdano
animais perigosos que lle poñen medo e lle dan sorpresas desagradables, porque non
coñece este territorio.
(11) grüne Witwe sein (Dosdrowski e Scholze-Stubenrecht 1992)
[literalmente: ‘ser viúva verde’].
196
Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, 189-205

Angelika Menaker. As funcións da cor verde en unidades fraseolóxicas españolas, húngaras e alemás
Chámase así a muller que pasa moito tempo soa, vive como se fose viúva, porque
habita co seu marido unha casa na zona verde, lonxe da cidade, ás aforas. Como o seu
marido traballa no centro, na cidade, pasa moito tempo no seu lugar de traballo e así
deixa soa a súa muller. O verde alude á natureza, que se atopa ao redor da casa.
(12) grüne Weihnachten (Dosdrowski e Scholze -Stubenrecht 1992;
Hispanoteca) [literalmente: ‘Nadal verde’].
Significa: Nadal sen neve, onde a natureza co seu verde vivo non está cuberta e
agochada pola branca neve.
O verde pode substituír atributos como fresco, vivo:
(13) grüner Hering (Röhrich 1978) [literalmente: ‘arenque verde’].
Trátase dun arenque fresco, aínda non elaborado. Existen outras expresións tamén coa
mesma lóxica, p. ex. “grüner Speck†[literalmente: ‘touciño verde’].
(14) die grüne Seite (Borchardt, Wustmann e Schoppe 1954; Röhrich 1978;
Dosdrowski e Scholze-Stubenrecht 1992; Ãrmósné e Rátz 1991) [literalmente:
‘o lado verde’].
Trátase do lado esquerdo do corpo humano, onde se atopa o corazón. O verde significa
aquí fresco, vivo, adxectivos aos que se engaden outros atributos positivos, como
destro, favorable e gracioso. O manual de Borchardt, Wustmann e Schoppe (1954)
tamén dá un contexto, unha frase, onde se utiliza esta expresión: “sich an js grüne Seite
setzenâ€.
O verde como unha das cores do semáforo aparece na seguinte UF:
(15) grünes Licht für eine Sache (eine Person) geben (Röhrich 1978;
Dosdrowski e Scholze-Stubenrecht 1992; Hessky 1993; Ãrmósné e Rátz 1991;
Hispanoteca) [literalmente: ‘dar luz verde a unha cousa (a unha persoa)’].
Significa que unha persoa recibe o dereito de actuar segundo o seu libre albedrío e que
nada obstaculiza a súa actuación. No caso de cousas, planos, proxectos significa que
foron aceptados e que poden ser realizados. A analoxía que serve para base desta
expresión procede do tránsito, xa que os coches poden seguir adiante se o semáforo
está en verde. Funciona como un permiso.
(16) es ist alles im grünen Bereich (Dosdrowski e Scholze -Stubenrecht 1992)
[literalmente: ‘todo está no ámbito verde’].
Con esta UF podemos expresar que todo está en orde, baixo control, todo vai normal. A
súa orixe está vinculada coa técnica, porque se remonta á sinalización das máquinas
que xe ralmente marcaban a función normal coa cor verde e a función anormal, perigosa
coa vermella. Así, se algo se atopaba na rexión do verde, non había problemas.
O verde ten outras aplicacións máis:
(17) jn (etwas) über den grünen Klee loben (Röhrich 1978; Dosdrowski e
Scholze -Stubenrecht 1992; Hessky 1993; Ãrmósné e Rátz 1991; Griesbach e
Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, 189-205
197

Angelika Menaker. As funcións da cor verde en unidades fraseolóxicas españolas, húngaras e alemás
Schulz 1991; Hispanoteca) [literalmente: gabar a alguén (algo) máis ca o trevo
verde’].
Significa: loar, gabar demasiado, dun modo exaxerado a alguén ou algo destacando os
seus mellores trazos. O verde ten aquí función intensificadora e apoia o acto de
esaxerar. A orixe desta UF non é clara, pero segundo Dosdrowski e Scholze-
Stubenrecht (1992) o trevo verde (é dicir o céspede verde coas flores do trevo)
representaba na poesía da Idade Media, e logo no uso normal da lingua, a frescura da
primavera. Os poetas loaban nas súas obras os elementos da natureza, entre eles o trevo
tamén. A UF significaba orixinalmente: ‘loar algo máis ca o trevo’.
Nas dúas seguintes expresións o verde está noutro contexto:
(18) unter dem kühlen / grünen Rasen liegen / ruhen (Dosdrowski e Scholze -
Stubenrecht 1992) [literalmente: ‘estar deitado / descansar baixo o céspede
fresco / verde’].
(19) jn deckt der kühle / grüne Rasen (Dosdrowski e Scholze-Stubenrecht
1992) [literalmente: ‘o céspede fresco / verde cobre a alguén’].
Ambas as UFs expresan que alguén está morto e enterrado. Ambas transmiten a mesma
imaxe pero dun modo diferente. A primeira di que alguén está tombado debaixo do
céspede verde, onde o verde representa a vida, que se atopa noutro nivel, xa non
alcanzable. A segunda di que o céspede verde cobre a alguén, onde o punto de vista
parte do nivel da vida e chega ao mundo dos mortos, ao estado debaixo da terra.
Nalgúns casos o verde é a cor dun obxecto que ten importancia na expresión, pero non
aparece nela; soamente a súa cor alude á súa existencia.
(20) vom grünen Tisch aus (Röhrich 1978; Dosdrowski e Scholze-Stubenrecht
1992; Ãrmósné e Rátz 1991; Griesbach e Schulz 1991; Hispanoteca)
[literalmente: “dende a mesa verdeâ€].
Trátase dun método ou modo de decidir algo. Aplícase a situacións onde un toma unha
decisión sen coñecer a posibilidade da súa realización. Por exemplo, coñece soamente
os planos dun proxecto; a teoría, e non ten nin idea da súa realización, da praxe, porque
non coñece as circunstancias. Esta UF ten como orixe ao feito de que as mesas das
salas de conferencia estaban cubertas de teas verdes.
(21) grüne Minna (Röhrich 1978; Dosdrowski e Scholze-Stubenrecht 1992;
Hessky 1993) [literalmente: ‘serventa verde’].
Trátase da furgoneta da policía na que transportaba os reos detidos. O verde aparece
como a cor da policía e do seu medio de transporte. O substantivo significa serventa,
criada que lles axuda aos policías cando fan unha redada.
(22) dasselbe in Grün (Röhrich 1978; Dosdrowski e Scholze-Stubenrecht
1992; Hessky 1993; Ãrmósné e Rátz 1991; Griesbach e Schulz 1991; Földes
1987; Hispanoteca) [literalmente: ‘o mesmo en verde’].
198
Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, 189-205

Angelika Menaker. As funcións da cor verde en unidades fraseolóxicas españolas, húngaras e alemás
Aplícase esta expresión a cousas que son moi parecidas, que case son iguais.
Lamentablemente non se sabe nada da súa orixe.
(23) Gründonnerstag [literalmente: ‘xoves verde’].
Así se chama o xoves da Semana Santa, antes do día de Pascua.
Resumamos os significados, as funcións da cor verde nas UFs:




Español
húngaro alemán

gozar, folgar

+

-

-
algo que comeza; cedo

+

+

+
xuventude, vida sexual
+

-

-
fartarse

+

-

-
insultar

+

-
-
natureza

+

+
+
aspecto físico (palidez)
-

+
-
parvadas


-

+
-
ir adiante


-

+
+
indicación

+

+
+
non hai diferenza

-

+

+
fresco, vivo


+

-
+
relixión

-

+

+
función intensificadora
+

-

+
ser inequívoco
+

-

-
obxectos verdes

+

-

+
Baseándonos nos datos do cadro podemos constatar que a cor verde participa na
expresión do mesmo contido tres veces (algo que comeza , aínda non maduro; natureza
e indicación) nas tres linguas. As outras coincidencias refírense xa soamente a dúas das
linguas analizadas.
Vexamos o número dos casos en que dúas linguas dispoñen do mesmo trazo:




existencia do uso (+)
non existencia do uso (-)
español / húngaro


Ø


Ø
español / alemán


3


2
húngaro / alemán


3


5
Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, 189-205
199

Angelika Menaker. As funcións da cor verde en unidades fraseolóxicas españolas, húngaras e alemás
Entre o húngaro e o alemán hai un contacto máis estreito ca entre o español e as outras
dúas linguas. Este feito vese xustificado a través da análise do grupo das UFs nas que o
verde aparece xunto a outras cores. Antes de tratar os exemplos concretos, temos aquí
as posibilidades e o número das súas combinacións nas tres linguas:




español
húngaro
alemán
marelo / verde

-

-

6
azul / verde


1

2

3

1) marelo / verde
O alemán ten seis UFs que conteñen ambas as cores.
(1) es wird ihm gelb und grün vor Augen (Borchardt, Wustmann e Schoppe
1954; Röhrich 1978) [literalmente: ‘todo se pon verde e marelo diante dos
seus ollos’].
jm wird es grün und gelb vor Augen (Dosdrowski e Scholze-Stubenrecht 1992;
Hispanoteca [literalmente: ‘todo se pon verde e marelo diante dos seus ollos’].
É interesante observar que esta UF existe en dúas variantes onde as cores se trocan. A
expresión significa sentirse mal e baséase no sentimento do mareo cando poden
aparecer estas cores ante os ollos dunha persoa que empeza a enfermar.
(2) sich grün und gelb ärgern (Borchardt, Wustmann e Schoppe 1954;
Röhrich 1978, Hispanoteca) [literalmente: ‘aborrecer ata poñerse verde e
marelo’].
sich gelb und grün ärgern (Dosdrowski e Scholze-Stubenrecht 1992)
[literalmente: ‘aborrecer ata poñerse marelo e verde’].
Significa: poñerse moi nervioso, anoxarse moito. As cores se cadra aluden ao cambio
da cor da cara da persoa que se pon nerviosa, onde o corpo reflicte a alteración do
estado de ánimo.
(3) grün und gelb vor Ärger werden (Dosdrowski e Scholze -Stubenrecht 1992)
[literalmente: ‘poñerse verde e marelo por enfado’].
Trátase do mesmo contido ca na UF anterior; a única diferenza é que aquí o verbo
‘ärgern’ queda expresado polo grupo nominal de ‘vor Ärger werden’.
(4) vor Neid gelb und grün werden (Borchardt, Wustmann e Schoppe 1954)
[literalmente: ‘poñerse marelo e verde por envexa’].
vor Neid grün und gelb werden (Röhrich 1978; Ãrmó sné e Rátz 1991)
[literalmente: ‘poñerse marelo e verde por envexa’].
grün und gelb vor Neid sein (Hispanoteca) [literalmente: ‘estar verde e marelo
por envexa’].
200
Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, 189-205

Angelika Menaker. As funcións da cor verde en unidades fraseolóxicas españolas, húngaras e alemás
Esta UF existe soamente coa cor amarela e expresa o sentimento forte da envexa.
(5) jn grün und gelb schlagen (Hispanoteca; Ãrmósné e Rátz 1991)
[literalmente: ‘pegar a alguén ata que se poña verde e marelo’].
Significa: pegar moito a alguén ata que teña mazaduras. As cores aluden ás manchas
que quedan coma pegadas dos golpes fortes no corpo. As cores teñen función
intensificadora tamén neste caso.
Nestes exemplos vemos a estreita relación entre o marelo e o verde no alemán que nuns
casos poden substituírse (Gelbschnabel – Grünschnabel) e noutros, conectados pola
conxunción ‘e’, poden expresar a intensidade da acción do verbo; así equivalen a
‘moito’. Pero hai unha UF onde estas dúas cores que en xeral se reforzan, se opoñen:
(6) sagt er grün, sagt sie gelb (Röhrich 1978) [literalmente: ‘se el di verde, ela
di marelo’].
Aplícase esta expresión a dúas persoas (ante todo a un home /er/ e a unha muller /sie/)
que rifan e non son quen de chegar a un acordo. El di verde e ela marelo, así as dúas
cores están contrapostas.
2) azul / verde
No español atopamos unha expresión, na que aparece o verde co azul:
(1) darse un verde con dos azules (Iribarren 1974).
A expresión ten o significado: gozar moito; comer, gozar etc. dunha cousa en moita
cantidade e con moito pracer; folgar ou divertirse, fartarse de facer algunha cousa.
O húngaro ten dúas UFs con estas cores.
(1) kékre, zöldre válik (Bárdosi 2003) [literalmente: ‘pórse verde, azul’].
Aplícase esta expresión á gran alteración da cor da cara dunha persoa que se asusta ou
se anoxa. O azul e o verde son cores anormais da cara, opostos ao equilibrio e
harmonía .
(2) kékre, zöldre ver vkit (Bárdosi 2003) [literalmente: ‘pegar a alguén ata que
se pon azul, verde’].
Significa: pegarlle moito a alguén ata que o seu corpo estea cheo de mazaduras. Aquí
expresan as cores a intensidade da acción do verbo, porque son elementos constitutivos
das mazaduras.
O alemán ten tres UFs con estas cores.
(1) jn grün und blau schlagen (Röhrich 1978; Dosdrowski e Scholze -
Stubenrecht 1992; Hispanoteca) [literalmente: ‘pegarlle a alguén ata que se
pon verde e azul’].
jn blau und grün schlagen (Földes 1987) [literalmente: ‘pegarlle a alguén ata
que se pon azul e verde’].
Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, 189-205
201

Angelika Menaker. As funcións da cor verde en unidades fraseolóxicas españolas, húngaras e alemás
Trátase da versión alemá da UF húngara Nr. 2; a única diferenza vese na orde das cores
e en que o alemán emprega a conxunción ‘und’, mentres que o húngaro pon soamente
unha coma entre o azul e o verde.
(2) jm wird es grün und blau vor Augen (Dosdrowski e Scholze-Stubenrecht
1992; Hispanoteca) [literalmente: ‘todo se pon verde e azul diante dos seus
ollos’].
Esta expresión tamén existe co marelo e co verde e significa o mesmo, expresa o
malestar, o mareo dunha persoa.
(3) sich grün und blau ärgern (Griesbach e Schulz 1991; Hispanoteca)
[literalmente: ‘aborrecer ata poñerse verde e azul’].
sich blau und grün ärgern (Müller 1995) [literalmente: ‘aborrecer ata poñerse
azul e verde’].
Significa: anoxarse moito, onde as cores teñen función intensificadora.
Resumo dos usos das UFs que conteñen o nome de dúas cores:

función intensificadora contraposición outros usos
gelb / grün
+

+

malestar
azul / verde
-


-

obxecto azul
kék / zöld
+


-

cambio
grün / blau
+


-

malestar
3. Análise das relacións entre os usos da cor verde nas tres linguas
O corpus do capítulo 2 ofrécenos diferentes posibilidades da análise semántica. Xa
temos visto os usos da cor verde nas tres linguas e agora gustaríame comparar as
expresións desde o punto de vista da forma/estrutura e tamén do contido. Poderíanse
comparar as relacións das cores dentro dunha lingua pero, como este traballo ten o
obxectivo de revelar as relacións entre as tres linguas, non faremos esa análise.
Existen varias alternativas da comparación, eu elixín as dúas seguintes:
a) UFs que teñen a mesma estrutura sintáctica e o mesmo contido, é dicir, existe
coincidencia total dos compoñentes das expresións.
b) UFs que teñen a mesma ou moi parecida estrutura sintáctica pero as
expresións distínguense no uso da cor e posúen significado diferente.
Ao analizar as UFs que conteñen a cor verde non atopamos coincidencias nas tres
linguas; soamente existe interferencia ou algunha relación entre o húngaro e o alemán:
a) UFs idénticas no húngaro e no alemán
(6) zöld ágra vergodik (vkivel v. vmivel)
202
Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, 189-205

Angelika Menaker. As funcións da cor verde en unidades fraseolóxicas españolas, húngaras e alemás
(7) auf keinen grünen Zweig / Ast kommen

(9) ugyanaz zöldben
(22) dasselbe in Grün

(11) zöld csütörtök
(23) Gründonnerstag
Cando analizamos as UFs que conteñen ademais do verde outra cor, vemos que estas
son mais complexas e que operan co contido de dúas cores. Así, temos menos
elementos e case non hai expresións totalmente idénticas. Neste caso propoño ampliar
un pouco o significado do atributo ‘idéntico’ e enumero as UFs que teñen estrutura moi
semellante, porque a diferenza provén soamente do feito de que unhas linguas expresan
un contido dado mais detalladamente ou dunha maneira mais explicativa ca outras.
Lamentablemente aquí tampouco atopamos UFs idénticas nas tres linguas.
a. 1) UFs idénticas no húngaro e no alemán
azul / verde
(2) kékre, zöldre ver vkit
(1) jn grün und blau schlagen

jn blau und grün schlagen
A categoría b) é un grupo produtivo no caso doutras cores. Co verde hai soamente dous
casos en que na mesma estrutura aparecen diferentes cores nas tres linguas:
b) UFs que teñen unha estrutura semellante
Nesta parte gustaríame descubrir as relacións entre as parellas de cores. Contamos con
poucos exemplos. Antes de comparar as tres linguas quero destacar que naturalmente
tamén existe a posibilidade de analizar as relacións entre as parellas de cores dentro da
mesma lingua, p.ex. no alemán as parellas marelo / verde e azul / verde son
substituíbles. Ambas as expresións describen o malestar no momento antes de
desmaiarse: ‘es wird ihm gelb und grün vor Augen’ – ‘es wird ihm grün und blau vor
Augen’. Pero interésannos máis neste traballo as relacións entre as tres linguas.
b. 1) para expresar o contido ‘contradicir, levar a contraria’
O español utiliza o negro / branco; o alemán o verde / marelo (e o negro / branco):
basta que yo diga blanco para que él diga negro
(6) sagt er grün, sagt sie gelb
einer sagte schwarz, der andere weiss [literalmente: ‘un dixo negro, o outro
branco’].

Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, 189-205
203

Angelika Menaker. As funcións da cor verde en unidades fraseolóxicas españolas, húngaras e alemás
b. 2) para expresar o contido ‘pegar moito a alguén’
O húngaro aplica soamente o azul / verde, pero o alemán emprega unha chea de cores:
o marelo / verde, o azul / verde e o azul / pardo.
(2) kékre, zöldre ver valakit
(5) jn grün und gelb schlagen
(1) jn grün und blau schlagen

jn blau und grün schlagen
jn braun und blau schlagen
[literalmente: ‘pegarlle a alguén ata que se pon pardo e azul’]
Se tomamos estas expresións coma elementos relativamente motivados das linguas,
podemos dicir que a utilización das cores depende da percepción da persoa, ou mellor
dito do que considera máis importante na súa concepción.
Cos exemplos vemos que hai unha relación máis estreita entre o húngaro e o alemán ca
entre o español e as o utras linguas por causas diferentes:
-
o húngaro ten moitas UFs que son traducións de UFs alemás;
-
o húngaro e o alemán tiveron no pasado e teñen hoxe en día unha estreita
relación (pola historia de Hungría e Austria e pola proximidade xeográfica dos
dous países);
-
España e os seus falantes atópanse lonxe dos húngaros e alemáns, así nunca
houbo intercambio ou influencia entre eles.
Cando se fai unha análise comparativa, un alégrase das coincidencias pero non
debemos menosprezar as diferenzas que, ás veces, resultan mais interesantes que os
elementos idénticos e, neste caso, mostran a riqueza das linguas tratadas no ámbito da
forza e modo expresivos. As diferenzas poden constituír a base dunha investigación
máis profunda que intente revelar a través dos costumes a cultura dos falantes, as
condicións do nacemento das UFs e as causas da súa existencia. Unha análise así será o
obxecto doutro traballo.
4. Referencias bibliográficas
ÃRMÓSNÉ, Magda e RÃTZ, Ottó (1991): 8000 germanizmus, Német szólások és
kifejezések, szerk. Budapest: Terra Kiadó.
BEINHAUER, Werner (1978): Stilistisch-phraseológisches Wörterbuch, spanisch-
deutsch. München: Max Hueber Verlag.
BORCHARDT, Wilhelm; WUSTMANN, Gustav e Georg SCHOPPE (1954): Die
sprichwörtlichen Redensarten im deutschen Volksmund, nach Sinn und
Ursprung erläutert, 7. Auflage, VEB F.A.
Leipzig: Brockhaus Verlag.
CORPAS PASTOR, Gloria (1996): Manual de fraseología española. Madrid: Gredos.
204
Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, 189-205

Angelika Menaker. As funcións da cor verde en unidades fraseolóxicas españolas, húngaras e alemás
DOROGMAN, György (1992): Spanyol-magyar kéziszótár. Budapest: Akadémiai
Kiadó.
DOSDROWSKI, Günther e SCHOLZE-STUBENRECHT, Werner (1992) :
Redewendungen und sprichwörtliche Redensarten, Wörterbuch zur deutschen
Idiomatik
(= Duden Band 11). Mannheim: Dudenverlag.
FÖLDES, Csaba (1987):
Magyar-német-orosz beszédfordulatok . Budapest:
Tankönyvkiadó.
GOETHE, Johann Wolfgang (1983): Színtan, didaktikai rész. Corvina Kiadó.
GRIESBACH, Heinz e SCHULZ, Dora (1991): 1000 deutsche Redensarten, mit
Erklärungen und Anwendungsbeispielen, szerk. Berlin-Schöneberg:
Langenscheidt Verlag.
HESSKY, Regina (1993): Durch die Blume, Virágnyelven, Arbeitsbuch zur deutschen
Phraseologie für Fortgeschrittene. Budapest: Nemzeti Tankönyvkiadó.
IRIBARREN, José María (1974): El porqué de los dichos, Sentido, origen y anécdota
de los dichos. Modismos y frases proverbiales de España con otras muchas
curiosidades
. Madrid: Aguilar.
ITTEN, Johannes (1997): A színek muvészete. Debrecen: Göncöl Kiadó.
BÃRDOSI, Vilmos (2003):
Magyar szolastar. Szólások, helyzetmondatok,
közmondások értelmezo és fogalomköri szótára, foszerk. Budapest: Tinta
Könyvkiadó.
MOLINER, María (dir.) (2001): Diccionario de uso del español . Madrid: Gredos.
MÜLLER, József (1995): Német beszédfordulatok A-Z-ig, 2. kiadás, Mozaik Oktatási
Stúdió, Szeged.
O. NAGY, Gábor (1976): Magyar szólások és közmondások, 2. kiadás, Budapest:
Gondolat Kiadó.
(1979): Mi fán terem? Magyar szólásmondások eredete. Budapest: Gondolat Kiadó.
REAL ACADEMIA ESPAÑOLA (2001): Diccionario de la Real Academia Española
(DRAE). 22. edición. Madrid: Editorial Espasa Calpe, S. A.
RÖHRICH, Lutz (1978): Lexikon der sprichwörtlichen Redensarten, 5. Auflage,
Freiburg im Breisgrau: Verlag Herder.
SARTO, María José (dir) (1996): Gran Diccionario de la lengua española. Edición
Larousse Editorial, S. A.
SECO, Manuel (1992): Diccionario fraseológico documentado del español actual,
Locuciones y modismos españoles. Madrid: Aguilar.

Referencias electrónicas
http://www.florbilbao.com/colores.htm [Data de consulta: 07/05/08].
http://www.hispanoteca.de - Phraseológisches Lexikon, szerk .: Justo Fernández López
[Data de consulta: 07/05/08].
http://www.nek.iif.hu/porta/szint/egyeb/lexikon/pallas/html (Pallas Nagy Lexicona)
[Data de consulta: 07/05/08].
http://www.vg.hu/index.php?apps=cikk&cikk=210602&fr=rss [Data de consulta:
07/05/08].

Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, 189-205
205